Créase unha comisión paritaria composta por 6 membros conforme a representatividade das partes asinantes do Convenio, integrada, por unha banda, por 3 representantes das Asociacións Patronais asinantes do Convenio e, doutra banda, por 3 representantes da central sindical CIG. A comisión paritaria será o órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do Convenio e, como tal, terá as seguintes funcións:
a) A vixilancia e seguimento do cumprimento do Convenio.
b) A interpretación da totalidade dos preceptos do Convenio.
c) A instancia de algunha das partes, a mediación e/ou conciliación en cantos conflitos de carácter colectivo se susciten na aplicación do Convenio.
d) Entender, de xeito previo e obrigatorio á vía administrativa e xurisdicional, sobre o prantexamento de conflitos colectivos que xurdan pola aplicación e interpretación do Convenio.
e) A intervención, nos termos que se expoñen no presente artigo, nos supostos de inaplicación das condicións de traballo previstas no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores.
f) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente Convenio ou se deriven do estipulado no seu texto.
As consultas ou peticións dirixidas á comisión paritaria se canalizarán ao través de calquera das organización integrantes da mesma, debendo poñerse de acordo as partes sobre o lugar, data e hora de celebración da reunión necesaria para atender a consulta ou petición e levantar acta do acordo ou desacordo no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a data da consulta ou petición, salvo que os membros da comisión paritaria acorden por unanimidade a necesidade de contar cun prazo maior de resolución. No caso de non acadarse acordo no seo da comisión paritaria, e de tratarse dun conflito colectivo, as partes someteranse ás modalidades de resolución de conflitos establecidas no AGA (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos) nos termos contemplados no mesmo.
Nos supostos de inaplicación previstos no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, a comisión paritaria disporá dun prazo máximo de sete días para pronunciarse a contar dende que a discrepancia lle fora prantexada e, no caso de non acadarse acordo no seo da comisión paritaria, as partes someteranse ás modalidades de resolución de conflitos do AGA nos termos referidos no parágrafo anterior.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Primeira.- Clasificación Profesional.- As persoas traballadoras que presten servizos nas empresas incluídas no ámbito de aplicación do presente Convenio serán clasificadas en grupos profesionais en atención as súas aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación nos termos indicados nos artigos 26 e seguintes do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais.
De conformidade co anterior, nas táboas salariais anexas ao presente Convenio se fai indicación expresa dos grupos profesionais aos que quedan adscritos os diferentes postos de traballo.
Segunda.- Igualdade e non discriminación.- Dentro das empresas as persoas traballadoras non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, xénero, afiliación política ou sindical.
Respectarase o principio de igualdade de acceso a todos os postos de traballo da empresa, tanto para homes como para mulleres, sen discriminación algunha.
As empresas virán obrigadas a respectar a igualdade de trato ou de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar e, no seu caso, acordar cas persoas representantes legais das persoas traballadoras no xeito que se determine la lexislación vixente.
En todo caso, en materia de igualdade de trato e oportunidades e en materia de medidas e planes de igualdade, estarase ao regulado no artigo 46 do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais.
Toda referencia que no presente Convenio se faga aos traballadores, ao persoal, ás persoas traballadoras ou á plantilla das empresas se entenderá realizada aos traballadores e traballadoras das empresas sen distinción algunha.
Terceira.- Normas de aplicación obrigada e normas subsidiarias.- En todas as materias sinaladas no apartado A do artigo 10.2 do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais de ámbito estatal (BOE do 23/05/2013) cuxa regulación estea reservada de xeito exclusivo ao mesmo, será de aplicación a regulación recollida para cada unha de estas materias en dito Convenio de ámbito estatal, se na regulación destas materias en algún momento a regulación do convenio provincial entrase en conflito ca regulación do convenio estatal, aplicaranse as normas recollidas neste último.
Non obstante, coa finalidade de garantir a máxima seguridade xurídica, se por calquera circunstancia a regulación de ditas materias deixase de estar reservada de xeito exclusivo ao citado Convenio Colectivo Sectorial de ámbito estatal, ou o mesmo perdese a súa vixencia, pasaría a aplicarse de xeito inmediato en ditas materias a regulación específica establecida para as mesmas no presente Convenio Provincial. Con independencia e sen prexuízo do anterior, no non previsto neste Convenio, estarase ao disposto no Estatuto dos Traballadores, Convenio Sectorial Estatal de Limpeza de Edificios e Locais e demais disposicións legais vixentes.
Cuarta.- Condicións máis Beneficiosas.- Todas as condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio, teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas para as persoas traballadoras con respecto ao presente Convenio, subsistirán para aqueles que as veñen gozando, sen que poida interpretarse sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, que haxa de computarse a mellora económica que supón o presente Convenio, salvo que se pacte expresamente.
Quinta.- Ambas as dúas partes someten o acordado á posible negociación dun Convenio Colectivo de ámbito territorial de Galicia.
Sexta.- Formación Profesional.- As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria provincial sectorial de Formación Profesional, integrada por 3 representantes da centrais sindical CIG e un número igual de representantes das Asociacións Empresariais asinantes.
Serán funcións desta Comisión:
- Requirir das Administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de Formación Profesional con financiamento oficial que afectan ao sector de limpeza, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, coma nos que se poden programar en adiante.
- Elaborar estudos sobre necesidades e requirimentos de Formación Profesional no sector para chegar a definir a organización e programación da mesma, tanto ocupacionalmente coma regulamentada (observatorio ocupacional).
- Elaborar plans formativos necesarios para conseguir a homologación das cualificacións profesionais das persoas traballadoras técnicos, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea con vistas ao Mercado Único.
- Cantas outras funcións a Comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da Formación Profesional no sector na provincia de Lugo.
Sétima.- Póliza de accidentes.- As empresas afectadas por este Convenio Colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor de todos e cada unha das persoas traballadoras por un capital de:
- Morte, invalidez total, invalidez absoluta ou grande invalidez: 28.000 euros.
Dado que as contías anteriores supoñen un incremento con relación ao previsto no Convenio anterior, a contratación das novas contías será obrigada para as empresas no prazo de dous meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As continxencias cubertas pola póliza prevista neste artigo deberán derivarse en calquera caso de Accidente laboral, incluído o accidente in itinere, ou Enfermidade Profesional, e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles corresponden ás persoas traballadoras en virtude da lexislación laboral vixente.
Todos aquelas persoas traballadoras que realicen menos de 1/2 xornada terán como capitais asegurados o 50% dos expresados anteriormente.
Octava.- Cota sindical.- As persoas traballadoras poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude deberá realizarse por escrito no que conste a Central Sindical e o numero de conta bancaria da mesma onde a empresa teña que ingresar as cotas retidas aos seus afiliados/as.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira: Normalización lingüística.- As partes asinantes do Convenio comprométense a empregar o idioma galego como medio de expresión nas súas relacións laborais.
Segunda: Atrasos.- As empresas comprométense a pagar os atrasos xerados no prazo de dous meses dende a publicación deste Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
No caso de extinción do contrato de traballo unha vez publicado o presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e antes de transcorrido o prazo de dous meses dende tal publicación, establécese a obriga do abono dos atrasos que corresponda xuntamente coa liquidación de salarios á que haxa lugar. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Primeira.- As partes asinantes do presente Convenio comprométense a crear unha Comisión Técnica Paritaria co cometido de estudar e buscar fórmulas de consenso sen capacidade de decisión en orde á mellora da estrutura salarial do Convenio.
A parte empresarial sinala que, nesta análise, considera conveniente tratar de buscar un réxime alternativo ao complemento de antigüidade.
Segunda.- As partes asinantes do presente Convenio sinalan o seguinte en orde ás persoas traballadoras que secundaran a folga do sector iniciada o 16 de outubro de 2023:
1. Ditas persoas traballadoras xerarán dereito aos atrasos derivados da sinatura do Convenio referidos ao período de folga.
2. Ditas persoas traballadoras, sempre que teñan vacacións pendentes de desfrute, xerarán dereito aos días de vacacións establecidos no presente Convenio sen ter en conta ao efecto os dias nos que secundaran a folga.