a) Seccións sindicais de empresa.
No caso de existir sección sindical, esta poderá facer uso do taboleiro de anuncios para difundir a información e facer reunións, exclusivamente co persoal das empresas e fora das horas de traballo. Para todo ilo deberá comunica-lo cunha antelación mínima de 48 horas á Dirección da Empresa e ao Comité de Empresa.
Isto sen prexuízo das facultades que ás Seccións Sindicais podan outorgar as disposicións legais.
b) Os membros do Comité de Empresa e Delegados de Persoal, en cada centro de traballo, disporán dun crédito de 15 horas mensuais, como mínimo, dentro da xornada, para o exercicio das funcións de representación, sempre que o soliciten con 48 horas de anticipación, en todo caso se respectará a escala de crédito de horas mensuais establecida no artigo 68 E.T.
Respetarase, en todo caso, a escala de crédito de horas mensuais establecida no art. 68 E.T.
A empresa poderá exixir xustificante da utilización concedida, ben do Comité ou da Central convocante. Estes dereitos serán aplicados en caso de que, por disposición legal así se determine.
As empresas que revistan a forma de sociedades darán conta, anualmente, ao Comité de Empresa ou Delegados de Persoal do balanzo e conta de resultados.
O recoñecemento de ditos documentos será, a todos os efectos, de carácter reservado.
A dirección da empresa dará conta ao Comité ou Delegados de Persoal de todas as sancións ou despedimentos.
A empresa, a petición dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten, ao menos, cun 10% afiliados á mesma, descontarán a cuota sindical correspondente do recibo dos salarios, depositándoa na conta bancaria sinalada ao efecto.
c) Excedencias. Amplíase o dereito a solicitar excedencia voluntaria que regula a lexislación vixente, calquera que sexa o tempo que leve o traballador na empresa, cando se base no exercicio do seu cargo sindical.
d) Comité de seguridade e hixiene.
Nas empresas de mais de 50 traballadores, estes deberán elixir un Comité de Seguridade e Hixiene, sendo o Comité de Empresa ou os Delegados de Persoal os que terán que ocuparse da súa tramitación.
e) As empresas poderán pactar cos seus Comités de Empresa ou Delegados de Persoal a acumulación de horas sindicais.
O crédito horario retribuído de que gozan os Delegados de Persoal e membros do Comité de Empresa, dunha mesma empresa, poderá acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan a unha mesma central sindical, aínda que elo permita liberar da súa actividade laboral, total ou parcialmente de calquera deles.
O acordo de acumulación será pactado, en cada caso, a nivel de empresa entre o representante do sindicato e o da empresa, e a designación da persoa ou persoas ás que se aplicará a acumulación de horas derivadas do crédito horario será facultade exclusiva do sindicato de que se trate, o cal comunicará a súa decisión ao respecto á empresa. Artigo 26.–Permiso retribuído.
Os permisos retribuídos regúlanse polo disposto no artigo 37 do estatuto dos traballadores.
Os traballadores disfrutarán de 1 día de permiso retribuído, que se poderá acumular unha vez ao ano aos permisos legalmente establecidos no artigo 37, paragrafo 3.º a), b) e c) do Estatuto dos Traballadores.