Saltar al contenido
Calcula tu sueldo

Texto íntegro del convenio de transporte de viajeros en autobus por estrada de A Coruña

TRANSPORTE DE VIAJEROS EN AUTOBUS POR ESTRADA

BOP de A Coruña · · págs. 7-8 · 6 artículos

Fiel al boletín. Solo se unen las líneas cortadas y se quitan cabeceras, pies y números de página. Los datos personales se suprimen y se marcan con «[…]».

Resolución de publicación

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Xoves, 16 de agosto de 2018

[Número 155]

Jueves, 16 de agosto de 2018

– Cinco anos antes, 284 días de vacacións.

Durante a vixencia deste convenio cando se produza a xubilación á idade establecida regulamentariamente, sempre que o traballador conte cunha antigüidade mínima de 10 anos de servizo á empresa, o traballador terá dereito a 1,2 días de vacacións por ano de servizo

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 7Ver en el PDFReportar un error en Resolución de publicación

Artículo 20.Permiso de condución

Se, por sentencia firme, calquera condutor se vira privado do permiso de condución, a empresa deberá facilitarlle outra ocupación, aínda que sexa de categoría profesional inferior, polo período de suspensión do permiso, sempre que non exceda de 15 meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo, e que non sexa debida a embriaguez. Caso de que o período de suspensión do permiso de conducir sexa superior aos 15 meses, e sempre que a retirada non sexa debida a embriaguez, o traballador con mais de dous anos de antigüidade terá dereito, por unha sola vez, a unha excedencia non remunerada polo tempo que dure a suspensión, no seu caso, até que legalmente, poda incorporarse ao posto de traballo que estaba desempeñando habitualmente e dende o momento en que esta se produza, sendo o límite máximo de dita excedencia o que marque a lexislación para a contratación temporal.

Así mesmo, aplicaranse as garantías legais que se indican anteriormente, no caso de condución “in itinere”, cun máxi mo de unha hora antes e outra despois da hora de entrada ou saída do traballo, incluso conducindo o seu vehiculo propio.

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 7Ver en el PDFReportar un error en Artículo 20. Permiso de condución

Artículo 21.Póliza de seguros

Establecese unha póliza de seguros de morte ou invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesio nal para cada un dos traballadores aos que afecta o presente convenio, consistente na contía de 20.176,64 euros en caso de morte por accidente e de 28.801,32 euros en caso de invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez. Estas contías surtirán efectos a partir do mes seguinte ao da publicación no BOP ou DOG (o que antes o publique).

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 7Ver en el PDFReportar un error en Artículo 21. Póliza de seguros

Artículo 22.Defunción

As empresas indemnizarán, durante a vixencia deste convenio, seis mensualidades dos salarios que figuran na táboa do convenio, mais a antigüidade correspondente, ao familiar do traballador que conviva con el, e por esta orde: 1) Cónxuxe viúvo. 2) fillos. 3) ascendentes, cando aquel faleza estando en activo e leve como mínimo, tres anos na empresa. Independentemente das mensualidades a que ten dereito, segundo o sinalado anteriormente, aboaráselle a dito fami liar do traballador o salario do mes en que o produtor faleza, calquera que sexa a data do seu finamento.

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 7Ver en el PDFReportar un error en Artículo 22. Defunción

Artículo 23.Pases para xubilados

Os xubilados, pensionistas de longa enfermidade, viúvas e fillos orfos menores de 18 anos dos traballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respectivas empresas como se o traballador estivese en activo.

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 7Ver en el PDFReportar un error en Artículo 23. Pases para xubilados

Artículo 24.Comisión paritaria

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do pactado no convenio, composta por seis membros (dous por cada sindicato asinante) en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes das empresas, todos eles vogais escollidos por cada parte.

Tamén formarán parte da mesma, con voz pero sen voto, os asesores correspondentes a ambas as dúas partes.

No caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros designados, serán substituídos polos suplentes. A comisión xuntarase cando sexa necesario e a petición de calquera das partes. Os compoñentes da comisión paritaria serán convocados cunha antelación mínima de tres días.

A efectos da comisión paritaria, as horas sindicais consideraranse co mesmo rango que as utilizadas para a negocia ción colectiva.

Os acordos da comisión requirirán, para a súa validez, a unanimidade de todas entidades asinantes. No caso de non haber acordo, levantarase acta que reflexe as diferentes posturas.

As funcións da comisión paritaria serán as que seguen:

a) Interpretación da aplicación de todas as cláusulas do convenio.

b) Arbitraxe de todas as cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

c) Vixilancia do cumprimento do pactado no convenio.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Xoves, 16 de agosto de 2018

[Número 155]

Jueves, 16 de agosto de 2018

d) Análise da problemática sectorial en materia de seguridade e saúde laboral e seguimento do estado de cumprimento nestas materias.

e) Análise e adaptación da contratación temporal ao sector, valorando a posibilidade de introducir cláusulas que refor cen a contratación indefinida.

f) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto. g) Incorporar ao texto do convenio os acordos acadados. Os ditos acordos vinculan a ámbalas dúas partes nos mesmos termos que este convenio e incorporaranse a el como anexo.

As actividades da Comisión poderán realizarse en réxime de Comisión Plenaria, composta por todos os membros ou en réxime de sub-comisións especificas coa composición que a Comisión acorde.

A todos os efectos, fíxase o enderezo da Comisión na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sita en R/. Algalia de Abaixo, nº 24 baixo de 15781 – Santiago de Compostela.

BOP de A Coruña, 16/08/2018, págs. 7-8Ver en el PDFReportar un error en Artículo 24. Comisión paritaria

Artículo 25.Garantías sindicais

a) Seccións sindicais de empresa.

No caso de existir sección sindical, esta poderá facer uso do taboleiro de anuncios para difundir a información e facer reunións, exclusivamente co persoal das empresas e fora das horas de traballo. Para todo ilo deberá comunica-lo cunha antelación mínima de 48 horas á Dirección da Empresa e ao Comité de Empresa.

Isto sen prexuízo das facultades que ás Seccións Sindicais podan outorgar as disposicións legais.

b) Os membros do Comité de Empresa e Delegados de Persoal, en cada centro de traballo, disporán dun crédito de 15 horas mensuais, como mínimo, dentro da xornada, para o exercicio das funcións de representación, sempre que o soliciten con 48 horas de anticipación, en todo caso se respectará a escala de crédito de horas mensuais establecida no artigo 68 E.T.

Respetarase, en todo caso, a escala de crédito de horas mensuais establecida no art. 68 E.T.

A empresa poderá exixir xustificante da utilización concedida, ben do Comité ou da Central convocante. Estes dereitos serán aplicados en caso de que, por disposición legal así se determine.

As empresas que revistan a forma de sociedades darán conta, anualmente, ao Comité de Empresa ou Delegados de Persoal do balanzo e conta de resultados.

O recoñecemento de ditos documentos será, a todos os efectos, de carácter reservado.

A dirección da empresa dará conta ao Comité ou Delegados de Persoal de todas as sancións ou despedimentos.

A empresa, a petición dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten, ao menos, cun 10% afiliados á mesma, descontarán a cuota sindical correspondente do recibo dos salarios, depositándoa na conta bancaria sinalada ao efecto.

c) Excedencias. Amplíase o dereito a solicitar excedencia voluntaria que regula a lexislación vixente, calquera que sexa o tempo que leve o traballador na empresa, cando se base no exercicio do seu cargo sindical.

d) Comité de seguridade e hixiene.

Nas empresas de mais de 50 traballadores, estes deberán elixir un Comité de Seguridade e Hixiene, sendo o Comité de Empresa ou os Delegados de Persoal os que terán que ocuparse da súa tramitación.

e) As empresas poderán pactar cos seus Comités de Empresa ou Delegados de Persoal a acumulación de horas sindicais.

O crédito horario retribuído de que gozan os Delegados de Persoal e membros do Comité de Empresa, dunha mesma empresa, poderá acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan a unha mesma central sindical, aínda que elo permita liberar da súa actividade laboral, total ou parcialmente de calquera deles.

O acordo de acumulación será pactado, en cada caso, a nivel de empresa entre o representante do sindicato e o da empresa, e a designación da persoa ou persoas ás que se aplicará a acumulación de horas derivadas do crédito horario será facultade exclusiva do sindicato de que se trate, o cal comunicará a súa decisión ao respecto á empresa. Artigo 26.–Permiso retribuído.

Os permisos retribuídos regúlanse polo disposto no artigo 37 do estatuto dos traballadores.

Os traballadores disfrutarán de 1 día de permiso retribuído, que se poderá acumular unha vez ao ano aos permisos legalmente establecidos no artigo 37, paragrafo 3.º a), b) e c) do Estatuto dos Traballadores.

BOP de A Coruña, 16/08/2018, pág. 8Ver en el PDFReportar un error en Artículo 25. Garantías sindicais

Fuente del texto

Publicado en BOP de A Coruña, de 16 de agosto de 2018. Texto reproducido sin alteraciones salvo la supresión de datos personales; en caso de discrepancia, prevalece el boletín. Registrado en el REGCON con el código 15001545011981.

Abrir en el boletín

Índice · 6 artículos