Resolución de publicación
BOP
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dacoruna.gal
D.L.: C-1-1958
XOVES, 26 DE FEBREIRO DE 2026 JUEVES, 26 DE FEBRERO DE 2026 | BOP NÚMERO 38
Administración Autonómica
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións laborais, Traballo Autónomo e Economía Social
Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña O 21 de xaneiro de 2026 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia a solicitude de inscrición do convenio colectivo do sector de Limpeza de edificios e locais da provincia de A Coruña, código de convenio 15000945011981 .
O Departamento Territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña é competente para resolver en materia de rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, segundo o disposto no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, de 14 de abril de 2024) e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, de 24 de abril de 2024, así como no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG núm. 101, de 27 de maio de 2024).
Visto o texto do convenio , e de acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro), RESOLVO:
1. Inscribir o convenio colectivo do sector de Limpeza de edificios e locais da provincia de A Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ordenar a remisión do texto deste convenio colectivo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.
A Coruña, 20 de febreiro de 2026
O director territorial
Juan José Couce Prego
CONVENIO COLECTIVO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE A CORUÑA PREAMBULO
Determinación das partes que o concertan:
Este Convenio colectivo concértano, recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación suficiente derivada dos poderes ou mandatos outorgados a cada unha das partes para tal efecto, as que a continuación se expresan: - Dun lado, en calidade de representación empresarial:
· Asociación Profesional de Empresarios de Limpieza de edificios y locales de la provincia de A Coruña (organización integrada en la Confederación de Empresarios de La Coruña) […]
[…]
[…] (Asesora jurídico-laboral CEC)
· ASPEL
[…]
[…]
[…]
- Doutro lado, en calidade de representación social:
· UGT (representando ao 46% do persoal afectado polo convenio)
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
· CIG (representando ao 39% do persoal afectado polo convenio)
Paulo Rubido Bará
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
SUMARIO OU INDICE:
ARTICULO
DENOMINACION Preámbulo
Determinación de las partes concertantes CAPITULO 1: DISPOSICIONS XERAIS
1
Ámbito funcional e territorial
2
Ámbito persoal
3
Vixencia e duración
4
Denuncia
5
Prórroga e ultraactividade
6
Comisión paritaria
7
Condicións máis beneficiosas
8
Normas supletorias
9
Solución de conflictos
10
Cláusula de inaplicación do convenio CAPITULO 2: CONTRATACION
11
Período de proba
12
Contrato de traballo por circunstancias da producción 13
Contrato de traballo de duración determinada para sustitución 14
Contrato de traballo indefinido fixo-discontinuo 15
Contratos para a formación e o Aprendizaxe 16
Ceses voluntarios
BOP de A Coruña, 26/02/2026, págs. 1-38Ver en el PDFReportar un error en Resolución de publicación