A partir da entrada en vigor do presente convenio, establécese como obrigatorio que nas empresas do sector de máis de 25 persoas traballadoras establecerase unha porcentaxe mínima de emprego fixo do 70%,
Para velar polo cumprimento deste compromiso, a petición da Comisión Paritaria, as empresas afectadas polo presente convenio virán obrigadas a presentar no momento que lle sexa requirida a relación de persoas traballadoras coa modalidade de contrato que ten cada un deles. Contrato Fixo Descontinuo.
Núm. 90
De carácter xeral, o período mínimo de chamamento para este tipo de contrato será de 4 meses nun período de un ano.
Aquelas empresas ou centros de traballo que non conten con apertura durante todo o ano natural, poderán reducir este período mínimo hasta o período total de apertura do establecemento.
Tódalas persoas fixas descontinuas deberán ser chamados cada vez que se leven a cabo as actividades para as que foron contratados. Este chamamento realizarase por escrito cunha antelación de 15 días e sempre na data recollida no contrato. Esta data poderase adiantar ou retrasar nun máximo de 15 días por causas organizativas tendo en conta que se garantirá o período de ocupación do contrato e de haber máis de unha persoa con esta modalidade de contrato, farase de forma alternativa.
As persoas traballadoras fixas descontinuas terán prioridade de incorporación o seu traballo sobre calquera nova contratación, de forma que non poderán celebrarse contratos de duración determinada mentres existan fixos descontinuos que non foran chamados, sempre que se trate de persoas traballadoras da mesma categoría profesional.
Igualmente nos supostos en que fosen precisas de forma simultánea e coincidente no tempo a presencia de fixos descontinuos e novas incorporacións con contrato a tempo determinado o temporais, a duración do contrato temporal non poderá superar o tempo de ocupación dos fixos descontinuos.
Poderán efectuarse chamamentos mantendo a condición de fixo descontinuo fora do período garantido.
No caso de que nun período de tres anos se repitan en tempo aproximadamente coincidente os períodos de chamamento fora do período garantido, este se consolidará como tempo garantido.
No caso de que sexa preciso ocupar vacantes permanentes indefinidas a tempo completo, as persoas fixas descontinuas por orde de antigüidade terán prioridade para ocupalas. Anualmente elaborarase un censo do cadro de persoal fixo descontinuo que será entregado a RLPT.
Igualmente entregarase a RLPT un calendario de previsións de chamamento e de comunicacións de altas efectivas.
As empresas que se dediquen a algunha actividade das recollidas no ámbito de aplicación do presente convenio poderán formalizar ata un máximo de 3 contratos fixos descontinuos a tempo parcial.
Contrato a Tempo Parcial.
Neste tipo de contrato indicarase o número de horas ordinarias de traballo ao día, á semana, ao mes e a súa distribución e concreción.
Núm. 90
Para as empresas que teñan ata 6 persoas traballadoras, inclusive, non se establece unha xornada de traballo efectiva mínima semanal.
A xornada de traballo efectiva mínima semanal para as empresas que teñan entre 7 e 14 persoas traballadoras será de 24 horas, establecéndose a máxima en 30 horas.
Para as empresas de 15 persoas traballadoras en diante, a xornada de traballo efectiva mínima semanal será de 27 horas, establecéndose a máxima en 30 horas sen que en estes casos se poidan realizar horas complementarias.
Cando a xornada sexa partida, esta só poderase interromper unha vez. O tramo mais curto de prestación efectiva será de tres horas e media.
Naquelas empresas que á data de publicación do presente convenio teñan establecida unha xornada mínima semanal por riba da establecida neste artigo, seguirán manténdoa como condición mais beneficiosa xeral.
Nos contratos a tempo parcial de duración igual ou inferior a 4 horas diarias, a xornada laboral será continuada.
As persoas traballadoras contratadas a tempo parcial non poderán realizar horas extraordinarias nin realizar distribución irregular da xornada.
Converteranse en contratos a xornada completa aqueles que durante 30 días continuados ou de forma alternativa no período de un ano, realizasen prolongacións de xornada.
En caso dun aumento do cadro de persoal, ou vacante a cubrir, en similar función, a igualdade de condicións, as persoas traballadoras contratadas a tempo parcial, terán preferencia á hora de a ceder á devandita xornada completa. Para estes efectos empresas publicarán no taboleiro de anuncios de cada centro, con quince días de antelación a súa execución, a súa intención de contratación indefinida a tempo completo do centro en cuestión.
No caso de que varias persoas traballadoras soliciten a mesma vacante, en iguais condicións de idoneidade, terá preferencia a persoa con maior antigüidade na empresa.
A media das horas complementarias e prolongacións de xornada que se fagan nun período de dous anos, consolidaranse na xornada ordinarias.
A realización das horas complementarias acordadas preavisarase cunha antelación de 7 días naturais.
As empresas quedan obrigadas a trasladar a final de mes e xunto con o recibo do salario a relación de horas complementarias realizadas nese mes.
Esta modalidade contractual non poderá exceder na súa duración dos 2/3 da xornada máxima legal establecida.
Nas empresas de máis de 50 persoas traballadoras establecese como obrigatorio que dentro do seu cadro de persoal non poderá haber máis dun 25% de contratos a tempo parcial. Núm. 90
Contrato de traballo de duración determinada por circunstancias da produción.
Será causa para a formalización deste tipo de contratos o incremento ocasional e imprevisible das circunstancias da produción que, inda tratándose da actividade normal da empresa, xera un desaxuste temporal entre o emprego estable dispoñible.
Será preciso que se especifiquen con precisión no contrato a causa que faculte a contratación temporal, as circunstancias concretas que a xustifican e a súa conexión coa duración prevista.
Non pode responder a situacións de traballo fixo descontinuo.
Non poderá identificarse como causa de este contrato a realización dos traballos no marco de contratas, subcontratas ou concesións administrativas que constitúan a actividade habitual ou ordinaria da empresa.
Duración con carácter xeral será de 12 meses. No caso de que o contrato se concertara por unha duración inferior a máxima legal o convencionalmente establecida, poderá prorrogarse por unha única vez, sen que a duración total do contrato inicial e a prórroga poida exceder de dita duración máxima.
Duración no suposto de situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada será dun máximo de 90 días no año natural que non poderán utilizarse de maneira continuada.
No último trimestre de cada año, deberán trasladar a RLPT unha previsión anual de uso de estes contratos.
A finalización do contrato a persoa traballadora terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente a parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar doce días de salario por cada año de servizo, ou a establecida, no seu caso, na normativa específica que sexa de aplicación.
Contrato de traballo de duración determinada por substitución de persoas traballadoras. Será causa para a formalización deste tipo de contratos:
• A substitución de unha persoa traballadora con dereito a reserva de posto de traballo.
• Para completar a xornada reducida por outra persoa traballadora.
• Para a cobertura temporal dun posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción para a súa cobertura definitiva mediante contrato fixo ou indefinido. Obrigatoriamente especificarase no contrato o nome da persoa substituída e a causa da substitución.
A redución de xornada ampararase en causas legalmente establecidas.
Substitución dunha persoa traballadora con dereito a reserva do posto de traballo: Duración da ausencia.
Núm. 90
Para completar a xornada reducida por outra persoa traballadora: Durante a redución de xornada da persoa traballadora.
Cobertura temporal de un posto de traballo durante o proceso de selección o promoción para a súa cobertura definitiva mediante contrato fixo: Duración máxima de tres meses.
Superada a duración máxima non poderá celebrarse un novo contrato con o mesmo obxecto.
Contratación previa á substitución: A prestación de servizos poderá iniciarse antes de que se produza a ausencia da persoa substituída, coincidindo no desenrolo das funciones o tempo imprescindible para garantir o desempeño adecuado do posto e, como máximo, durante 15 días.
A finalización do contrato a persoa traballadora non terá dereito a recibir indemnización. Contrato de formación dual ou en alternancia traballo-formación.
Poderá formalizarse esta modalidade de contratación para compatibilizar a actividade laboral retribuída cos correspondentes procesos formativos no ámbito da formación profesional, os estudios universitarios ou o Catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego.
A duración do contrato será a prevista no correspondente plan ou programa formativo, con un mínimo de tres meses e un máximo de dous anos, e poderá desenrolarse o amparo dun so contrato de forma non continuada, o longo de diversos períodos anuais coincidentes con os estudos (de estar previsto no plan o programa formativo).
Poderá prorrogarse mediante acordo das partes, hasta a obtención de dito título, certificado, acreditación ou diploma sen superar nunca a duración máxima de dous anos (no caso de que o contrato se concertara por unha duración inferior a máxima legal establecida e non se acadara o título, certificado, acreditación ou diploma asociado o contrato formativo).
Persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida por as titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional.
Vinculado os estudos de formación profesional ou universitaria con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivera outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector.
Non poderá establecerse período de proba.
A actividade laboral desenrolada pola persoa traballadora, deberá estar directamente relacionada coas actividades formativas que xustifican a contratación laboral.
O tempo de traballo efectivo, que haberá de ser compatible co tempo dedicado as actividades formativas no centro de formación, non poderán ser superior o 65%, durante o primeiro ano, ou o 85% durante o segundo, da xornada máxima prevista neste convenio colectivo. Estarase o que estableza o desenrolo regulamentario tanto no seu contido como a financiación da actividade formativa.
Núm. 90
No suposto de que o contrato se asine no marco de certificados de profesionalidade de nivel 1 e 2, e programas públicos ou privados de formación en alternancia de emprego-formación, que formen parte do Catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego: persoas de hasta trinta años.
Con carácter xeneral so poderá celebrarse un contrato de formación en alternancia por cada ciclo formativo de formación profesional e titulación universitaria, certificado de profesionalidade ou itinerario de especialidades formativas do Catálogo de Especialidades Formativas do Sistema Nacional de Emprego.
A retribución no poderá ser inferior ao noventa por cento o primeiro ano nin ao noventa e cinco por cento o segundo, respecto da fixada en convenio para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funciones desempeñadas, en proporción ao tempo de traballo efectivo. En ningún caso a retribución poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.
A persoa contratada contará con unha persoa titora designada por o centro ou entidade de formación e outra designada por a empresa.
Especificarán o contido da formación, o calendario e as actividades e os requisitos de titoría para o cumprimento dos seus obxectivos.
As persoas contratadas con contrato de formación en alternancia non poderán realizar horas complementarias nin extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3 del ET. Tampouco poderán realizar traballos nocturnos nin a quendas. Excepcionalmente, poderán realizarse actividades laborais nos citados períodos cando as actividades formativas para a adquisición dos aprendizaxes previstos no plan formativo non poidan desenrolarse noutros períodos, debido a natureza da actividade.
Estarase o que se recolla no regulamentos que se establezan os requisitos que deben cumprirse para a celebración dos mesmos, tales como o número de contratos por tamaño de centro de traballo, as persoas en formación por titor ou titora, ou as exixencias en relación con a estabilidade do cadro de persoal.
As empresas poderán solicitar por escrito ao SEPE información relativa a si as persoas as que pretenden contratar estiveron previamente contratadas baixo esta modalidade e a duración de estas contratacións. Dita información deberá trasladarse a representación legal das persoas traballadoras e terá valor liberatorio a efectos de non exceder a duración máxima de este contrato.
Contrato formativo para a obtención da práctica profesional adecuada o correspondente nivel de estudios.
É causa para formalizar este tipo de contrato a obtención da práctica profesional adecuada ao correspondente nivel de estudos.
A duración de este contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de un ano. Núm. 90
A persoa traballadora deberá estar en posesión dun título universitario ou de grado medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, así como con aqueles que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral.
Ten que concertarse dentro dos tres anos seguintes o remate dos correspondentes estudos (cinco anos si se concerta con unha persoa con discapacidade).
Non poderán subscribirse con quen xa obtivo experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da empresa por un tempo superior a tres meses, non se computan a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo exixido para a obtención da titulación ou certificado que habilita esta contratación.
Ningunha persoa poderá ser contratada na mesma ou distinta empresa por tempo superior os máximos previstos en virtude da mesma titulación ou certificado profesional. Tampouco poderase estar contratado en formación na mesma empresa para o mesmo posto de traballo por tempo superior os máximos previstos, anque se trate de distinta titulación ou distinto certificado.
Poderase establecer un período de proba que en ningún caso poderá exceder de un mes, salvo o disposto neste convenio colectivo.
O posto de traballo deberá permitir a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudos de formación obxecto do contrato.
A empresa elaborará o plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor ou titora que conte con a formación ou experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato.
A retribución será a fixada neste convenio colectivo para o grupo profesional y nivel retributivo correspondente as función desempeñadas.
A finalización do contrato a persoa traballadora terá dereito a certificación do contido da práctica realizada.
As persoas contratadas con contrato de formación para a obtención de práctica profesionais non poderán realizar horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3 do ET.
Estarase o que se regule sobre os requisitos que deben cumprirse para a celebración dos mesmos, tales como o número de contratos por tamaño de centro de traballo, as persoas en formación por titor o titora, ou as esixencias en relación con a estabilidade do cadro de persoal.
As empresas poderán solicitar por escrito o SEPE información relativa a si as persoas as que pretenden contratar estiveron previamente contratadas baixo esta modalidade e a duración de estas contratacións. Dita información deberá ser trasladada a RLPT e terá valor liberatorio a efectos de non exceder a duración máxima de este contrato.
Núm. 90